lunes, 1 de noviembre de 2010

Talonarios de Tempo e Boletin de Servicios

Talonarios de tempo

Son outro dos instrumentos fundamentais no bo funcionamento dun banco de tempo. Cada usuari@ recibe do banco un talonario en formato papel e en tres copias para facer efectivo o cambio, neste talonario débese incluir o nome de quen dá o servicio e de quen o recibe, así como o número de horas dadas, o servicio realizado, o lugar e a data e a firma de cumplimento do servicio das dúas persoas implicadas.
Este talonario constitúe o modo de “pago”a través do cal a persoa que recibe un servicio paga en forma de horas á persoa que lle ofreceu o servicio, e sempre que isto se produza é moi importante que ámbalas partes acudan o seu banco de tempo para cuadrar as súas contas. 


  

Boletín de servicios

É a ferramenta de difusión que o xestor/a do tempo emprega tanto en formato papel como electrónico para dar a coñecer en que consiste o banco, o funcionamento e os servicios ofertados. Dita difusión debe realizarse de xeito periódico para que os servicios ofertados estean sempre o máis actualizados posible. É moi importante facer un bo uso desta ferramenta para atraer o mayor número posible de usuari@s para o mesmo tempo garantir a dinamización do banco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario