domingo, 7 de noviembre de 2010

Dinámicas de grupo nun BdT

Para boa dinamización dun BdT, é necesario coñecer algúns recursos que nos permitan crear e aumentar o coñecemento entre os usuarios e usuarias que forman parte dun Banco do Tempo. Esto permitira crear unha rede de confianza, que faga posible que os intercambios se realicen da forma máis natural posible e sinxela. Algunhas das dinámicas que podemos utilizar son as seguintes:

Dinámicas de presentación.

  • A pelota preguntona: consiste en que  a persoa que ten a pelota ten que decir o seu nome  e contestar a unha pregunta, por exemplo "chamome Juan e síntome ben". A pelota vaise pasando uns a outros. Este xogo podense facer varias preguntas: como te sintes? que che gusta facer?...
  • As iniciais: cada persoa do grupo debe decir o seu nome e as aficións e intereses que lle gustan, as cales deben comenzar pola inicial do seu nome. 
  • O nome kilométrico: Consiste en dicir non so o propio nome e unha característica senon tamén repetir o nome do seu compañeiro e a característica que dixo. E dicir, unha usuaria comeza dicindo chamome María e son azul, enton o usuario do lado ten que dicir ela é María é azul, eu son Juan e son alto, o seguinte dira ela é María é azul, el é Juan é alto, eu son Pepa e son castaña. E asi sucesivamente, ata que o fagan tódolas persoas que forman o grupo.
  • Buscando parella: introducimos nunha bolsa ou caixa unha serie de parellas de obxectos, por exemplo caramelos. Cada usuario ou usaria colle un obxecto sen mirar, unha vez que todos o teñen buscan a súa parella, e comenzan a falar sobre eles (intereses, aficcións,...) Logo cada membro da parella tendra que presentarse un ao outro o resto do grupo

No hay comentarios:

Publicar un comentario